Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 19 de novembro de 1998 Páx. 12.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Viven

da, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Contrato: proxecto e obra para a pavimentación do patio de manobras da estación de autobuses de Carballo (A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Cardeñoso, S.L.

Orzamento: 8.077.927 ptas.

Prazo de execución: dous meses.

Contrato: proxecto e obra para a substitución da cuberta do patio de autobuses e pintura da estación de autobuses de Lugo.

Adxudicatario: Esbeal de Arosa, S.L.

Orzamento: 10.804.873 ptas.

Prazo de execución: corenta e cinco días.

Contrato: proxecto e obra para a restauración da estación de autobuses de Ourense.

Adxudicatario: Eduardo Sayáns Tarrío.

Orzamento: 8.100.581 ptas.

Prazo de execución: corenta e cinco días.

O que se notifica en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, advertíndose que esta resolución en canto pon fin á vía administrativa é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

10042