Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 19 de novembro de 1998 Páx. 12.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, para a contratación dunha póliza de todo risco de perdas ou danos materiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Facenda.

Dependencia que tramite o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: Servicio de Seguros.

Descrición do obxecto: contratación de póliza de todo risco de perdas ou danos materiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación:

Importe total: 111.200.000 pesetas.

5. Garantía provisional:

Importe: 2.224.000 pesetas. 2% orzamento licitación.

6. Obtención de documentación e información:

Subdirección Xeral do Patrimonio, Consellería de Economía e Facenda.

Domicilio: edificios administrativos San Caetano.

Localidade: Santiago de Compostela, código postal 15704.

Teléfonos: 981 54 41 46 ou 981 54 41 54.

Telefax: 981 54 41 25.

7. Requisitos específicos do contratista:

Autorización da Dirección Xeral de Seguros para operar no ramo de danos.

8. Presentación das ofertas:

Data límite da presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda.

Domicilio: edificios administrativos de San Caetano.

Localidade: Santiago de Compostela, código postal 15704.

Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: un mes contado a partir da apertura de proposicións.

Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas:

Data: o día seguinte da presentación de proposicións (no caso de coincidir sábado ou festivo, o día seguinte).

Hora: 10 horas.

Lugar: na sala de xuntas da Consellería de Economía e Facenda.

Domicilio: edificios administrativos de San Caetano-Santiago de Compostela.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

10043