Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.
Organismo: Instituto Galego de Consumo.
Obxecto do contrato: servicios para fomenta-las adhesións á Arbitraxe de Consumo de Galicia.
Prazo de execución: o prazo de execución comprenderá desde a data da súa sinatura ata o cumprimento total das obrigas derivadas do contrato. En todo caso, o dito prazo de execución non deberá exceder do 23 de decembro de 1998.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
Solvencia económica, financeira e técnica: deberase acredita-la solvencia económica e financeira, a través dun informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante dun seguro de indemnización por riscos profesionais, de conformidade co establecido no artigo 16.1º a) de LCAP.
A solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato tal e como dispón o artigo 19 e) da citada lei.
Orzamento base de licitación: dez millóns de pesetas (10.000.000 de pesetas).
Garantías: provisional: 2% do orzamento do contrato (200.000 ptas.).
Obtención de documentación e información:
Entidade: Instituto Galego de Consumo.
Enderezo: praza de Europa, 10-A, 2º.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
Teléfono: 981 54 45 12.
Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.
Requisitos específicos do contratista:
Clasificación: non se esixe.
Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación:
Entidade: Instituto Galego de Consumo.
Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
Prazo: comprenderá desde a formalización do contrato ata o cumprimento total das obrigas derivadas del. En todo caso o dito prazo de execución non deberá exceder do 28 de decembro de 1998.
Admisión de variantes: non se admiten.
Apertura de ofertas:
Entidade: Instituto Galego de Consumo.
Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, pospoñerase ó primeiro día hábil seguinte.
Hora: once horas.
Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1998.
Jorge J. Rodríguez Vázquez Molezún
Presidente do Instituto Galego de Consumo
10415