Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámitación de urxencia, para a contratación de varias obras.

1. Obra: reparación de fachadas no grupo de 597 vivendas na UVA 6 do polígono de Caranza. 1ª fase. Ferrol. Expediente: C98/REP06.

Orzamento: noventa millóns duascentas cincuenta mil novecentas cincuenta e oito (90.250.958) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: grupo C; subgrupos 4 e 7; categoría e.

Garantía provisional: dispensada de conformidade co artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva: tres millóns seiscentas dez mil trinta e oito (3.610.038) pesetas.

2. Obra: reparacións varias no grupo de 78 vivendas en Vilaboa, Culleredo. A Coruña. Expediente: C-98/REP10.

Orzamento: trece millóns corenta e tres mil setecentas catorce (13.043.714) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: duascentas sesenta mil oitocentas setenta e catro (260.874) pesetas.

Garantía definitiva: cincocentas vinteunha mil setecentas corenta e nove (521.749) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán en cada contrato estarán de manifesto e á disposición dos interesados, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, a partir das dez (10) horas do quinto (5) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou fax (981 54 19 02) no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será aboado proporcionalmente polo adxudicatario de cada contrato.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

10295