Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (59/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 22 de outubro adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente por instancia de José Luis Cruz López, en representación de Promotora Fercrusa, S.L., o proxecto de urbanización da rúa Portalón do Casar, do PXOU de Ourense, condicionada ó cumprimento das condicións sinaladas polo servicio eléctrico, con data do 7 de setembro de 1998, e logo de constitución de garantía por importe de 1.118.978 ptas. (un millón cento dezaoito mil nove

centas setenta e oito pesetas) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 28 de outubro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

10298