1. Entidade adxudicadora:
1.1. Organismo: Concello de Ourense.
1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.
1.3. Número de expediente: Ref. 1202.
2. Obxecto do contrato:
2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación das obras do proxecto básico e de execución do campo de hockei de herba artificial e vestiarios.
2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do replanteo e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 6 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: urxente.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: poxa.
4. Orzamento base da licitación:
4.1. Importe total: 160.537.224 ptas.
5. Fianzas:
5.1. Provisional: 3.210.745 ptas., correspondentes ó 2% do tipo de licitación.
5.2. Definitiva: 6.421.490 ptas., correspondentes ó 4% do tipo de licitación.
6. Obtención da documentación e información:
6.1. Entidade: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.
6.2. Enderezo: r/ Lamas Carvajal, s/n.
6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.
6.4. Teléfono: 988 38 81 33.
7. Requisitos:
7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan a seguinte clasificación: A-1, C-3 y 4, I-9 (todos categoría e).
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
8.1. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 13 horas.
8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.
8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1.
8.4. Localidade: Ourense.
8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas:
9.1. Entidade: Concello de Ourense.
9.2. Enderezo: praza Maior, 1.
9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.
10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.
11. Gastos dos anuncios: os gastos que xera esta contratación serán por conta do adxudicatario.
Ourense, 21 de outubro de 1998.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde
10294