Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto con tramitación urxente e mediante o concurso público 14/1998, da adquisición de equipamento electromédico para o servicio de pediatría e un esterilizador para o servicio de endoscopias para este hospital.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atri

bucións que lle foron delegadas conforme o estableciddo na alínea i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 ( DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, da adquisición de equipamento electromédico para o servicio de pediatría e un esterilizador para o servicio de endoscopias do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras.

Obxecto do contrato: a adquisición de 1 berce de reanimación de neonatos, 1 incubadora, 1 respirador de transporte de nenos, 1 bilirrubinómetro capilar para o servicio de pediatría e un esterilizador para o servicio de endoscopias do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras por un orzamento máximo de 8.600.000 ptas., IVE incluído.

Prazo de entrega: o material obxecto deste concurso público deberase realizar nunha entrega única, no prazo máximo de 15 días a partir da comunicación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderán ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, rúa Conde de Fenosa, nº 50 do Barco de Valdeorras (código postal 32300).Teléfono: 988 33 90 05.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de cento setenta e dúas mil pesetas (172.000 ptas.), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As ditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (en adiante LCAP).

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II do prego.

Clasificación: non se precisa.

Criterios de adxudicación:

Prezo: ata 60 puntos.

Características técnicas (melloras): ata 20 puntos.

Prazo de entrega: ata 10 puntos.

Prazo de garantía: ata 10 puntos.

Admisión de variantes: os licitadores poderán introducir nas súas proposicións varias alternativas, que co mesmo ou distinto prezo, pero sempre igual ou inferior ó orzamento de licitación, incorporen, para a súa presentación de subministración, solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas nos artigos que expresamente se admitan nas citadas prescricións.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que

o represente, no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 4 de novembro de 1998.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras

10299