Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante concurso público e polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adquisición dun equipo radiográfico portátil, un micrótomo de retracción e un microscopio de fluorescencia, con destino a cubrir necesidades dos servicios médicos deste hospital. (Expediente 9828).

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o concurso público nº 9828, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

1. Obxecto e orzamento: a adquisición dun equipo radiográfico portátil, un micrótomo de retracción e un microscopio de fluorescencia, con destino a cubrir necesidades de servicios médicos do Hospital Montecelo, repartido en tres lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente, por un orzamento total de cinco millóns novecentas setenta e tres mil (5.973.000) pesetas. Imposto sobre o valor engadido incluído.

2. Prazo de execución: os bens obxecto deste concurso público entregaranse no prazo de quince días, a partir da formalización do contrato.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria poderán ser solicitados na sección de concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n. C. P. 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono 986 80 00 17, ou fax 986 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación de cada lote ó que se licite, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

7. Criterios de adxudicación: os estipulados na folla de especificacións (P. 6).

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

13. Anuncios: o importe dos anuncios deste concurso público será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 3 de novembro de 1998.

Rafael Pérez-Santamarina Feijoo

Director xerente do Hospital Montecelo

de Pontevedra

10290