Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Asociación de Trabajadores Autónomos del Auto-Turismo (Clase B) del Término Municipal de Cambre.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, ás 13 horas do día 19 de outubro de 1998 foron depositados a acta de modificación e os novos estatutos da Asociación de Trabajadores Autónomos del Auto-Turismo (Clase b) del Término Municipal de Cambre.

A modificación consiste nunha nova redacción dos estatutos.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos: Manuel Vieites Carballeiro (secretario) e Alejandro Sánchez Sánchez (presidente).

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 20 de outubro de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

10084