Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Psicólogos Especialistas en Psicoterapia de la Práctica Privada.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Gallega de Psicólogos Especialistas en Psicoterapia de la Práctica Privada que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser socios da mencionada asociación aquelas persoas que estean en posesión do título de licenciado en psicoloxía e que se dediquen ó exercicio da psicoloxía clínica e/ou psicoterapia no ámbito privado.

Asinan a acta de constitución: Mª Carmen Aguilar Ruíz e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

9994