Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o expediente de modificación da concesión (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0152; XG-007, entre Balcaide e Santiago de Compostela, con anexos.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse o expediente de modificación da concesión (ampliación de tráficos O Milladoiro-Bertamiráns) do servicio público regular permanente de uso xeral

de transporte de viaxeiros por estrada: V-0152; XG-007, entre Balcaide e Santiago de Compostela, con anexos, da titularidade da empresa Hedegasa, S.L.

Esta ampliación de tráficos únese ó expediente de substitución da citada concesión sometido a información pública por resolución da Dirección Xeral de Transportes do 22 de xuño de 1995 (DOG do 10 de agosto).

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, logo do exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra (estación de autobuses) efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

10163