Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0065; XG-002, entre Lugo e Santiago de Compostela, con anexos, por substitución da concesión: V-0065; XG-002, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 7 de setembro de 1998, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á Empresa Freire, S.L. a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0065; XG-002, entre Lugo e Santiago de Compostela, con anexos, por substitución da concesión: V-0065; XG-002, de igual denominación, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I.Itinerarios e puntos de parada.

* Lugo, Esperante, empalme Sanatorio, Calde, Lamas, O Picato, Toxilde, Veiga, Goia, Guntín, Montecalvo, Marco, Cubelo, Ferradal, Lodeiro, Rosario, Palas de Rei, Carballal, San Xián, San Pedro, Saa, Orosa, Coto, Furelos, Melide, Riocobo, Boente, Pomar (Castañeda), Portela, Bascuas, Arzúa, Raído, Penedos, Burres, Rourís, Ferreiros (Xesta), Regas, Salceda, Xen, San Miguel, empalme de Santa Irene, Santa Irene, Rúa, Arca, Vilachá, Amenal, Castrofeito, Lorenzo (cruzamento aeroporto), cruzamento Mourentán, A Lavacolla, San Marcos, San Lázaro e Santiago.

* Arzúa, Viladavil, Trapa, Mella, Boimorto, Boimil, Corredoiras, Carelle, Sobrado, Guitiza, Anuqueira, Muradelo-Esgueva, Mandeo e Marco das Pías.

* Burres (empalme), Salmonte, Baiobre, A Muíña, empalme Touro, Quión, Lago, Cerceda e empalme de Santa Irene.

* Casa Lorenzo (cruzamento aeroporto) e aeroporto A Lavacolla (Edf. terminal).

* Lugo, autovía A-6 km 497, autovía A-6 km 540 e Castrofeito.

* Autovía A-6 km 540, autoestrada A-9 km 16 e San Lázaro.

* Cruzamento de Mourentán e cidade deportiva Aero Club.

* Xeneral Pardiñas 24 (enfronte), Avda. de Lugo (EE.FF.) e Santiago (E.A.).

II.Prohibicións de tráfico.

* De e entre A Muíña e empalme da estrada de Touro, e deste tramo para Santiago de Compostela, e viceversa.

* As expedicións entre Lugo e Santiago de Compostela, e viceversa pola autovía A-6 e pola autoestrada A-9 realizaranse a porta pechada durante o itinerario, con paradas exclusivamente en Lugo e Santiago de Compostela.

* As expedicións entre Lugo e Santiago de Compostela, e viceversa, pola autovía A-6 e estrada N-634 (por Teixeiro e Ponte Carreira) realizaranse a porta pechada entre Lugo e Castrofeito (excluídos ámbolos dous puntos).

III. Expedicións.

Lugo-Santiago de Compostela pola C-547 (104 km).

* Catro expedicións de ida e volta diarias.

* Unha expedición de ida e volta os días laborables.

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta diaria excepto sábados.

* Unha expedición de volta os venres non festivos durante o período lectivo.

* Unha expedición de ida e volta os domingos que non sexan víspera de festivo durante o período lectivo.

Lugo-Santiago de Compostela pola autovía A-6 e autoestrada A-9 (133 km).

* Unha expedición de ida diaria excepto domingos.

* Unha expedición de volta diaria excepto sábados.

Lugo-Santiago de Compostela pola autovía A-6, Teixeiro e Ponte Carreira (N-634) (117 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Marco das Pías-Sobrado-Burres-A Muíña-Santa Irene-Santiago de Compostela (67 km).

* Unha expedición de ida e volta os días laborables.

Arzúa-Santiago de Compostela (35 km).

* Unha expedición de volta de luns a sábados laborables.

* Dúas expedicións de ida e unha de volta de luns a venres laborables.

Santiago de Compostela-aeroporto da Lavacolla (11,8 km).

* Sete expedicións de ida e seis de volta diarias.

* Unha expedición de ida e dúas de volta de luns a sábados.

* Tres expedicións de ida e catro de volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida os domingos.

Santiago de Compostela-cidade deportiva Real Aero Club de Santiago (11,3 km).

* Unha expedición de ida diaria durante todo o ano.

* Unha expedición de ida e volta diaria do 15 de xuño ó 15 de setembro.

Santiago de Compostela-Xen (22 km).

* Unha expedición de ida os días lectivos.

Santiago de Compostela-Arzúa-Melide (52 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables durante o período lectivo.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 7,63 pesetas.

-Tarifa usuario: 8,1641 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,1445 pesetas.

Contra a citada disposición, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral Transportes

10003