Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.341

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1998, do tribunal número un designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, convocado por Orde do 26 de agosto de 1997 (DOG número 198, do 14 de outubro) pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na sesión celebrada na mesma data desta resolución, sobre o sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio do citado proceso selectivo.

Na sesión conxunta celebrada o día 29 de outubro de 1998 polos tribunais números un, dous, tres e catro designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A) convocado pola Orde do 14 de outubro de 1997, acordouse, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio se celebrará o vindeiro día 28 de novembro de 1998 na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela, sita na rúa Madrid, nº 2-4, e que se efectuará o chamamento dos aspirantes nas seguintes quendas:

1ª quenda: ás 8 horas, chamamento dos aspirantes pertencentes ós seguintes tribunais e materias:

Tribunal 1-A. Materias: bioloxía pesqueira.

Tribunal 2-A. Materias: coñecemento do buque, estabilidade, manobra, regulamentos e estiba, hixiene no traballo e primeiros auxilios a bordo e inglés marítimo.

Tribunal 3-A. Materias: motores de combustión interna e instalacións propulsoras, sistemas mecánicos e pneumohidráulicos, física, matemáticas e debuxo técnico.

Tribunal 4-A. Materias: todas.

2ª quenda: ás 11.30 h., chamamento dos aspirantes pertencentes ós seguintes tribunais e materias:

Tribunal 1-A. Materias: cultivos mariños.

Tribunal 2-A. Materias: dereito marítimo e lexislación pesqueira e seguridade marítima.

Tribunal 3-A. Materias: sistemas auxiliares, vapor e frío e sistemas eléctricos e electrónicos.

3ª quenda: ás 17 horas, chamamento dos aspirantes pertencentes ós seguintes tribunais e materias:

Tribunal 2-A. Materias: navegación e meteoroloxía e pesca marítima.

Os aspirantes deberán ir provistos do documento nacional de identidade ou documento acreditativo fidedigno da súa identidade a xuízo do tribunal. Así mesmo, presentaranse provistos do correspondente lapis para a realización do exercicio.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1998.

Enrique Álvarez Romero

Presidente do tribunal nº 1

10182