Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.320

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de licitación.

O Consello de Administración do ORAL, na súa sesión do 15 de outubro de 1998, aprobou o expediente para a contratación da subministración de material e equipo informático, incluída a súa instalación e posta en marcha para os servicios centrais e oficinas periféricas do organismo. Por iso, de conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, anúnciase concurso, por procedemento aberto de urxencia, para adxudica-la dita subministración, conforme o seguinte contido:

1. Entidade adxudicadora.

ORAL. Avda. de Marín, 9. 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Consello de Administración.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Asesoría Xurídica.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de material informático, incluída a súa instalación e posta en marcha, para os servicios centrais e as oficinas periféricas do organismo.

b) Lugar de entrega: sedes dos servicios centrais e das oficinas periféricas do organismo, situadas todas na provincia de Pontevedra.

c) Prazo de entrega: trinta días contados desde aquel en que fose adxudicado.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

4.350.000 ptas., incluído IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: 87.000 ptas.

b) Definitiva: 174.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Servicio de Asesoría Xurídica. Avda. de Marín, 9. 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 85 99 93. Fax: 986 85 99 36.

b) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación para presentar: a esixida na cláusula X do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do ORAL, das 9 ás 14 horas. Avda. de Marín, 9. 36071 Pontevedra.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación do concurso.

8. Apertura das ofertas.

Terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó da conclusión do prazo de presentación de proposicións.

9. Gastos dos anuncios.

Serán por conta, se os houbese, do adxudicatario.

Pontevedra, 19 de outubro de 1998.

Julio Pedrosa Vicente

Vicepresidente do organismo autónomo provincial de Xestión de Recursos Locais de Pontevedra

Rogelio Nicieza de la Cerra

Secretario do organismo autónomo provincial

de Xestión de Recursos Locais de Pontevedra