Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (55/1998).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria, celebrada con data do 22 de outubro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente por instancia de José Guede Cid en representación de Promociones Betan, S.L., o proxecto de urbanización da U.A.12 B do

SU-5 do PXOU de Ourense, e logo de constitución de garantía polo importe de 34.500.000 ptas. (trinta e catro millóns cincocentas mil pesetas) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación e acreditación da representación que di que ostenta, en calquera das formas previstas no artigo 32 da Lei 30/1992.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó desta publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros que así o crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 23 de outubro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

9938