Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra, do 21 de setembro de 1998, procedeuse á publicación das bases de selección do persoal funcionario e laboral previsto na oferta de emprego público para 1998, correspondentes ás seguintes prazas vacantes no cadro de persoal para 1998.

Persoal funcionario:

-Auxiliar administrativo, escala de Administración xeral, grupo D. Oposición libre.

-Operario de mantemento, escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, grupo E. Concurso-oposición libre.

Persoal laboral:

-Oficial de 1ª, brigada de obras e servicios. Concurso-oposición libre.

-Oficial de 2ª, brigada de obras e servicios. Concurso-oposición libre.

-Conductor mecánico, brigada de obras e servicios. Concurso-oposición libre.

-3 prazas de peóns. Concurso-oposición libre.

Por este anuncio convócanse probas selectivas para a cobertura das prazas anteriormente descritas, significando que o prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir da data seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Mos, 2 de novembro de 1998.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde

9939