Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.283

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación de postos de traballo provistos polo sistema de libre designación.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no concurso de méritos convocado por Resolución do 18 de febreiro de 1997 (BOE do 1 de marzo) para a provisión, polo sistema de libre designación, da praza de xefe de Actividades Institucionais vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servicios,

Visto o artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 25 de marzo), polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e examinados os méritos e requisitos que concorren en cada un dos candidatos,

Este rectorado, en uso das atribucións que lle confire o artigo 65 dos estatutos desta universidade, aprobados por Decreto 253/1992, do 10 de setembro (BOE do 29 de outubro), resolve adxudica-lo posto de xefe de Actividades Institucionais á funcionaria Mª Teresa Martínez-Risco Pérez, con número de rexistro de persoal 3444640724 A2053, e con destino actual na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

A toma de posesión do posto adxudicado e os prazos serán os previstos no artigo 14 do Decreto 93/1991 antes citado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución no BOE, de acordo co previsto no artigo 58 da Lei reguladora da dita xurisdicción.

A Coruña, 23 de outubro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

9874