Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.283

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 5 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se convoca o concurso de traslado das prazas vacantes de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Advertidos erros na publicación da devandita resolución no Diario Oficial de Galicia nº 212, do 2 de novembro de 1998, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 11.828, columna segunda, liña 7, correspondente á base Terceira.-Baremos, punto 3, coñecementos informáticos, criterio 1º Nivel 1: débese suprimi-la mención ó «Ministerio de Xustiza». Tamén na liña 31, no criterio 4º Nivel 4: ó final do parágrafo onde di «catro puntos», debe dicir «cinco puntos».

-Na páxina 11.828, columna segunda, liña 53, correspondente á base Cuarta.-Modelos e prazos de presentación de solicitudes, punto 1, onde di «da resolución do Ministerio de Xustiza», debe dicir «desta resolución».

-Por último, na páxina 11.831, corresponde ó anexo I (cadro das prazas vacantes), e na columna de Preferencias-Informática:

a) Na praza vacante do Xulgado do Social nº 2 de Ourense, onde di «SI», debe dicir «NON» na dita preferencia. E na praza vacante do Decanato de Vigo (Pontevedra), onde di «NON», debe dicir «SI» na dita prefencia.

b) Nas prazas vacantes dos xulgados do Contencioso-Administrativo da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, así como as do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 2 do Carballiño (Ourense), onde di «SI», debe dicir «SI*», engadíndose ó final do anexo o seguinte: « * Nas vacantes pertencentes ó corpo de axentes xudiciais non se baremarán os coñecementos de informática».

9866