O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites admi
nistrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: subministración de ordenadores persoais.
Orzamento: 30.000.000 de ptas.
Garantía provisional: 600.000 ptas.
Lote 1: ordenadores persoais (100).
Procesador Intel-Pentium II 300 Mhz.
Cache 512 K.
Memoria 32 Mg.
Vram 4 Mg.
Disco 2,1 Gb.
Tarxeta de son orixinal.
Lector CD x 16.
Monitor 15" de 800x600 rj45.
Tarxeta ethernet 10/100.
Software de base NT workstation 4.0.
Orzamento: 30.000.000 de ptas.
Garantía provisional: 600.000 ptas.
1. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto, tramitación urxente do artigo 72 da LCAP.
2. Prazo de entrega: a entrega do material obxecto do contrato realizarase antes do 31 de decembro de 1998 de acordo co calendario que elaborará o Servicio de Informática do complexo hospitalario.
3. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 50%.
Prestacións e calidade: 30%.
Servicio de asistencia técnica: 20%.
Total: 100%.
6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser socilicitados no servicio de contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono 981 17 80 73. Fax 981 17 80 32.
7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 3 de novembro de 1998.
Teresa Araguas Álvarez
Directora xerente do Complexo Hospitalario Juan
Canalejo-Marítimo Oza da Coruña en funcións
10206