Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto con tramitación urxente, do artigo 72 da LCAP, para o equipamento de monitorización, cromatógrafo de gases e tensiómetros (Plan de Necesidades 1998). C.P. 137/1998.

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: equipamento de monitorización, cromatógrafo de gases e tensiómetros - Plan de Necesidades 1998.

Orzamento: 22.500.000 ptas.

Garantía provisional:450.000 ptas.

Lote 1: sistema de monitorización para urxencias (1).

Orzamento: 9.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 180.000 ptas.

Lote 2: medidor de presión intracranial, UCI (1).

Orzamento: 2.200.000 ptas.

Garantía provisional: 44.000 ptas.

Lote 3: módulo cromatógrafo de gases, análises clínicas (1).

Orzamento: 2.500.000 ptas.

Garantía provisional: 50.000 ptas.

Lote 4: tensiómetros (22).

Orzamento: 8.800.000 ptas.

Garantía provisional: 176.000 ptas.

1. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto, tramitación urxente do artigo 72 da LCAP.

2. Prazo de entrega: dada a natureza do material que se vai contratar, a subministración realizarase nunha soa entrega e no prazo de 15 días a partir da sinatura do contrato.

3. Adminisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 45%.

Prestacións e calidade: 35%.

Servicio de asistencia técnica: 20%.

Tota: 100%.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no servicio de contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono 981 17 80 73. Fax 981 17 80 32.

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 3 de novembro de 1998.

Teresa Araguas Álvarez

Directora xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña en funcións

10198