Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.222

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de outubro de 1998 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria de Negreira (A Coruña) e do colexio de educación infantil e primaria de Lobios (Ourense).

Tendo en conta o artigo 8 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (Diario Oficial de Galicia, do 21 de outubro de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Negreira.

Localidade: Negreira.

Código do centro: 15010575.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria de Negreira.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria do Coto.

Provincia: Ourense.

Concello: Lobios.

Localidade: Lobios.

Código do centro: 32006358.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria de Lobios.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria do Xurés.

10175