Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.221

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1998, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se modifica o anexo IV da Resolución do 5 de agosto de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 25 de agosto), pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas predoutorais convocado no anexo IV da Orde do 9 de febreiro de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 13 de febreiro).

Pola resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento do 5 de agosto de 1998, Diario Oficial de Galicia do 25 de agosto, resolveuse o concurso público para a concesión de bolsas predoutorais convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 9 de febreiro de 1998, Diario Oficial de Galicia do 13 de febreiro.

No anexo IV da citada resolución facíase pública a lista de suplentes, colocados por orde de prelación tendo en conta a puntuación total acadada no proceso

de selección, ós que lles correspondería a bolsa en caso de renuncias dos bolseiros predoutorais incluídos nos anexos anteriores.

Interposto por Mª del Carmen García García recurso ordinario impugnando o anexo IV da citada disposición e dictada resolución estimativa do recurso por parte do conselleiro da Presidencia e Administración Pública con data do 23 de outubro de 1998.

Esta secretaría xeral, tendo en conta o exposto anteriormente,

RESOLVE:

Primeiro.-Queda modificado o anexo IV da Resolución do 5 de agosto de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 25 de agosto) en virtude da estimación do recurso ordinario interposto por Mª del Carmen García García contra o citado anexo IV, que queda incluída na lista de suplentes no posto 18. Como anexo a esta resolución publícase de novo o aludido anexo IV.

Segundo.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir da entrada en vigor desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1998.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento

ANEXO IV

SuplenteDNI

Álvarez Fernández, Lisardo76.716.420-N

Fernández Dobao, Ana76.573.247-Z

Rego Arias, Guillermo32.670.415-L

Piñeiro Costas, Trinidad36.113.931-K

López Ríos, Mª del Carmen34.971.344-M

Vázquez Vázquez, Julio76.575.265-P

Vázquez García, Elena María44.076.414-L

García Porta, José Antonio33.296.799-K

Pombo Gallego, Nuria33.331.238-Y

López Silvestre, Federico33.298.943-A

Pousada Presa, Hortensia34.877.454-R

Mariz Pérez, Rosa María76.368.003-E

Rodiño Míguez, Ana Paula76.989.056-Y

Taboada Antelo, Pablo33.299.191-K

Horta Insua, Mª del Carmen76.776.563-X

Lago Leiros, Coral76.992-164-D

Gómez-Reino Pérez, Clara33.296.889-L

García García, Mª del Carmen34.891.431-V

Lorenzo Abalde, Javier36.099.284-W

Domínguez Gondelle, Marcos33.277.242-Z

Méndez de Araújo, Susana76.997.293-D

López González, Fernando32.669.972-J

Iglesias Sucasas, Marta36.111.362-M

Villanueva López, María33.298.606-B

Macho Gómez, Pablo32.788.469-Z

Ramos Cabrer, Pedro33.324.786-V

Ave Pernas, Máximo David36.116.822-Z

González Orejón, Mª del Carmen12.754.881-R

Barral Martínez, Margarita76.367.880-Z

Martínez Piñeiro, Manuel36.118.036-D

Ocampo Piñeiro, Santiago35.456.357-V

Núñez Sabarís, Joaquín35.319.608-A

9863