Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (211/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 22 de outubro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de delimitación e subdivisión de polígono 5 na zona 2 do SU-32 de Ourense por instancia de Manuel Fernández González, en representación de Viñafersa, S.L., coa condición expresa de que a dita subdivisión non pode afectar nin altera-la cesión do 10% do aproveitamento tipo a favor do concello.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 29 de outubro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

10180