Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (172/1998).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 9 de outubro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno, por catorce votos a favor e doce abstencións, acordou:

1. Rexeita-las alegacións formuladas por Modesto Faílde Álvarez e Tomás de la Fuente Martínez, representado por Fernando Otero Marquina, conforme os informes que constan no expediente.

O Concello Pleno, por catorce votos a favor e doce votos en contra, acordou:

2. Aprobar definitivamente a modificación puntual do sector A-3 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, por instancia de Rafael da Torre Morales, en representación dos propietarios do sector A-3».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 26 de outubro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

10152