Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Resolución da Alcaldía do Concello de Lugo do 8 de outubro de 1998, pola que se anuncia a aprobación das bases específicas aprobadas polo Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 7 de setembro de 1998, e que rexerán nas convocatorias de prazas vacantes no cadro de persoal para o ano 1998, mediante o sistema de quenda libre e promoción interna e que a continuación se detallan:

1. Quenda libre:

A) Cadro de persoal de funcionarios:

-Unha praza de farmacéutico (grupo A).

-Unha praza de médico (grupo A).

-Unha praza de asistente social (grupo B).

-Unha praza de técnico medio no departamento de Participación Cidadán (grupo B).

-Unha praza de técnico medio no Servicio de Organización e Control Orzamentario (grupo B).

-Unha praza de técnico no Servicio de Facenda Local (grupo B).

-Tres prazas de auxiliar de Administración xeral (grupo D).

-Dúas prazas de administrativo de Administración xeral (grupo C).

-Unha praza de encargado/a de pisos de acollida (grupo D).

2. Promoción interna:

A) Cadro de persoal de funcionarios:

-Unha praza de oficial no Servicio de Arquitectura (grupo D).

-Tres prazas de oficial-xardineiro (grupo D).

-Unha praza de oficial-cociñeiro (grupo D).

-Cinco prazas de técnico medio xestión de Administración xeral (grupo B).

-Unha praza de conserxe (grupo D).

-Unha praza de técnico superior de Administración xeral na área de Policía, Tráfico e Transportes (grupo A).

-Unha praza de axudante-xardineiro (grupo E).

-Dúas prazas de cabo no Servicio de Extinción de Incendios (grupo D).

-Unha praza de oficial brigada sinalización viaria (grupo D).

-Seis prazas de administrativos de administración xeral (grupo C).

B) Cadro de persoal laboral:

-Dúas prazas de oficial-xardineiro (grupo D).

-Dúas prazas de axudante-xardineiro (grupo E).

No BOP de Lugo, con data do 21-5-1992, foron publicadas integramente as bases xerais para a provisión de prazas mediante o sistema de concurso-oposición e, así mesmo, no citado boletín, con data do 2-10-1998, foron publicadas as bases específicas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto das convocatorias no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes ás ditas prazas publicaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co previsto nas bases.

Lugo, 8 de outubro de 1998.

O alcalde

Rubricado

10179