Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación para a venda por poxa de bens patrimoniais municipais.

Este anuncio serve para publicar no Diario Oficial de Galicia, cumprindo co establecido no artigo 326 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, os seguintes anuncios de licitación:

1. Venda por poxa dun vehículo municipal, marca Land Rover, con matrícula LU-2321-L. O tipo de licitación mellorable á alza é de 514.000 ptas.

O prazo de presentación de ofertas será de 26 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación normalizado no BOP.

O expediente, co prego de bases, estará á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría municipal.

2. Venda por poxa dunha partida de madeira tipo eucaliptos. O tipo de licitación mellorable á alza é de 267.000 ptas.

O prazo de presentación de ofertas será de 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación normalizado no BOP.

O expediente, co prego de bases, estará á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría municipal.

O custo deste anuncio repartirase proporcionalmente ó prezo da adxudicación, entre os adxudicatarios.

Cervo, 29 de outubro de 1998.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde

9729