Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1998 pola que se acorda a remisión do expediente solicitado pola sala do contencioso-administrativo en relación co recurso 01/1113/98, interposto por Maderas y Repoblaciones Baldaio.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza tramítase o recurso 01/1113/1998, interposto por Maderas y Repoblaciones Baldaio contra a resolución da Consellería de Medio Ambiente do 25-5-1998, pola que se acorda sanciona-lo recorrente pola presunta comisión dunha infracción administrativa tipificada no artigo 411 do Regulamento de montes, tendo sido reclamado o expediente por aquela, nesta data acórdase remiti-lo dito expediente á sección primeira da dita sala do contencioso-administrativo.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer en autos na sección primeira da antedita sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998, DOG do 15)

Xosé Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

10170