Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación CIG Saúde.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise pública que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación CIG.-Saúde que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita organización sindical tódolos/as traballadores/as que presten, prestaran ou orienten a súa profesión a desempeña-los seus servicios nunha empresa pública ou privada, dedicada á actividade sanitaria, incluíndo as/os traballadoras/es que traballen fóra de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Mª Ánxeles Fernández Veloso e catro persoas máis, membros da mesa presidencial do II Congreso Nacional de CIG-Saúde.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

9820