1. Obxecto e orzamento: contratación, polo Servicio Galego de Saúde, dun servicio para a execución da oferta de emprego público do persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde para os anos 1998 e 1999, por un importe máximo de 27.000.000 de pesetas (IVE incluído).
2. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Clasificación económica: grupo III, subgrupo 3, categoría A.
5. Prazo de execución: ver punto 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata ás 14 horas.
7. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Admisión de variantes: non se admiten.
9. Criterios de adxudicación: ver punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (no ático da ala norte), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
12. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
13. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1998.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos
Económicos
10122