Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipamento de 4 equipos odontolóxicos e 4 aparellos de raios X-dental con destino a diversos centros de saúde. (SCC.-36/1998) (dous lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: do equipamento de 4 equipos odontolóxicos e 4 aparellos de raios-X dental con destino a diversos centros de saúde (SCC.-36/1998) (dous lotes).

Orzamento: 20.000.000 de pesetas (IVE incluído).

Lote nº 1: equipos odontolóxicos, 17.400.000 pesetas (IVE incluído).

Lote nº 2: aparellos de RX-dental, 2.600.000 pesetas (IVE incluído).

Fianza provisional:

Lote nº 1: 348.000 pesetas (IVE incluído).

Lote nº 2: 52.000 pesetas (IVE incluído).

Licitando ós dous lotes: 400.000 pesetas (IVE incluído).

Fianza definitiva: 800.000 pesetas (IVE incluído).

Lote nº 1: 796.000 pesetas (IVE incluído).

Lote nº 2: 104.000 pesetas (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: trinta (30) días desde a sinatura do contrato.

Admisión de variantes: non se admite a presentación de variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II do prego.

Criterios de adxudicación:

1. Composición e características do equipo ofertado: ata 10 puntos.

2. Características do servicio técnico: ata 8 puntos.

3. Prezo ofertado: ata 6 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, nos servicios centrais da División Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado

desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

10123