Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 15 de outubro de 1998, do Servicio de Inspección e Laboratorios de Saúde Pública da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador Secretaría 236/97, por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, cos datos e derradeiro enderezo coñecido, a resolución do expediente sancionador Secretaría 236/97 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña.

Fáiselle saber que, de acordo co título VII, capítulo II, sección 2ª, artigos 114 e 117, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

En caso de conformidade coa sanción, deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e sirva de notificación ó interesado, expido, asino e selo a presente cédula, en Santiago de Compostela o 15 de outubro de 1998.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Expediente nº: Secretaría 236/97.

Denunciado: Panadería Santa Margarita S.L.

Último domicilio coñecido: Avda. de Fisterra, 198. A Coruña.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria: -falta de autorización oficial.- 3 empregados carecen de carné de manipulador.-deficiencias de manipulación.-deficiencias hixiénico-sanitarias.

Precepto infrinxido: R.D. 1137/1984, do 28 de marzo.-R.D. 1712/1991, do 29 de novembro.-Art. 2.1º.1; 2.2º; 3.3º.6 do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño.-Art. 3.a) do R.D. 2505/1983, do 4 de agosto.-Puntos 1, 2, 3 e 4 do capítulo I do anexo do R.D. 2207/1995, do 28 de decembro.

-Art. 5 do R.D. 157/1985, do 11 de xullo.

Precepto sancionador: Lei 14/1986 (xeral de sanidade).

Sanción imposta: 700.000 ptas.

9586