Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.127

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería mecánica, do departamento de Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos, a José Antonio Fernández Vilán (praza 95/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 5 de novembro de 1997 (BOE do 6 de decembro) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería mecánica, do departamento de Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos, a prol de José Antonio Fernández Vilán, con documento nacional de identidade número 36.054.984, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Antonio Fernández Vilán profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería mecánica, do departamento de Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión do interesado,

que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 22 de outubro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

9784