Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 29 de xullo de 1997 (BOE do 27 de agosto) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de lingua española, do departamento de Filoloxía Española, a prol de Antonio Rifón Sánchez, con documento nacional de identidade número 32.770.651, e cumprindo o interesado os requisitos
do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antonio Rifón Sánchez profesor titular de universidade da área de coñecemento de lingua española, do departamento de Filoloxía Española.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión do interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 22 de outubro de 1998.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo
9787