Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle promovido pola entidade Mame Pontevedra, S.L., para reordenación parcial de volumes en edificio sito no paseo da praia de Silgar da vila de Sanxenxo.

A Corporación Municipal deste Concello, en sesión celebrada o día 25 de setembro de 1998, acordou prestar aprobación definitiva ó estudio de detalle promovido pola entidade Mame Pontevedra, S.L., para reordenación de volumes en edificio para vinte

vivendas, hotel e locais comerciais, no paseo da praia de Silgar da vila de Sanxenxo.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente, e no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustica de Galicia na Coruña, logo da comunicación ó órgano autor do acto, ó que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento común, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Sanxenxo, 9 de outubro de 1998.

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

9603