Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle para reordenación de volumes en soar situado nas rúas Vigo e número 13 da vila de Sanxenxo.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 25 de setembro de 1998, acordou prestar aprobación inicial ó estudio de detalle presentado pola entidade Promociones Sanxenxo, S.L., para reordenación de volumes en soar situado nas rúas Vigo e nº 13 da vila de Sanxenxo, segundo documentación redactada pola arquitecta Mercedes Maquieira Miguens.

Exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicado o anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que quen se considere prexudicado ou afectado, poida formula-las alegacións que coide procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e 120 do Regulamento de planeamento urbanístico, suspéndese o outorgamento de licencias para a área do territorio obxecto da modificación.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sanxenxo, 9 de outubro de 1998.

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

9621