Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: R.B.T. Bazar e Fontao.
Situación: Vedra.
Descricións técnicas: reforma da rede de baixa tensión de Fontao que se subministra do C.T. de Bazar de 530 m de lonxitude en conductor R.Z. Vedra.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 13 de outubro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
9643