Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/346-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Viñopequeno.

Situación: Vedra.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 430 m en conductor LA-56 que parte da L.M.T. a C.T. Illobre e final no C.T. de Viñopequeno de 50 kVA. Rede de B.T. de 2.135 m en conductor R.Z. do C.T. Viñopequeno. R.B.T. de 1.450 m en conductor R.Z. do C.T. Aserradoiro. Vedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

9641