Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. centro de saúde-Pza. do mercado.
Situación: Padrón.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor R.H.V. 240 mm ó que parte da L.M.T. Subt.-campo de fútbol-Avda. de Ponte Cesures e final no C.T. centro de saúde con entrada e saída. C.T. tipo interior de 250 kVA a 20.000 ±2,5-5%/400-231 voltios. Concello de Padrón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 9 de outubro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
9645