Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Rañoá e Aceas (Sarria).
Situación: Sarria.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 287 m de lonxitude sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede de
baixa tensión en conductor R.Z. de 2.075 m de lonxitude sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 6 de outubro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9644