Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.077

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de pastelería, confeitería e repostería.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector pastelería, confeitería e repostería (código 2700215), da provincia de Lugo, asinado o día 31 de agosto de 1998, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Confitería e Pastelería de Lugo e das centrais sindicais UGT (100%) e CC.OO (0%), e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 24 de setembro de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Texto articulado do convenio colectivo provincial para a elaboración de pastelería, confeitería e repostería de Lugo.

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo afectará e vinculará a tódalas empresas e traballadores da cidade e provincia de Lugo, comprendidos no ámbito funcional da ordenanza laboral para as industrias de alimentación, aprobado por orde ministerial do 8 de xullo de 1975, que se dediquen á actividade de pastelería, confeitería e repostería.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación a toda a provincia de Lugo e cidade.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio tódalas empresas e traballadores comprendidos no ámbito funcional da ordenanza laboral para as industrias de alimentación, do 8 de xullo de 1975, sempre que aquelas se dediquen á actividade indicada no artigo 1º.

Artigo 4º.-Entrada en vigor.

Este convenio entrará en vigor do día 1 de xaneiro de 1998 e finalizará o 31 de decembro de 1998, con independencia da súa publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia, tendo que denunciarse cun mes de antelación a esa data.

Artigo 5º.-Comisión mixta paritaria.

Créase unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio; o citado órgano, integrado por 4 representantes da asociación empresarial asinante, 3 da central sindical Unión Xeral de Traballadores e unha de CC.OO., cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así como o seu seguimento. Caso de non chegar a acordo na dita comisión, ámbalas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas mellores concedidas neste convenio teñen o carácter de mínimas dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás que aquí se conveñen, manténdoas ad personam en canto excedan das pactadas no cómputo anual.

Artigo 7º.-Retribucións.

O salario será o que consta nos anexos deste convenio e aplicarase con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1998.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As empresas afectadas por este convenio aboaranlles ós seus traballadores unha paga igual a unha mensualidade incluída antigüidade, nas datas seguintes: 22 de decembro, 25 de xullo e 22 de marzo (paga de beneficios).

Artigo 9º.-Aumentos periódicos por tempo traballado.

Ó persoal comprendido no presente convenio seranlle aboados, desde a súa entrada na empresa, cuadrienios cunha porcentaxe que se fixará, para tódalas categorías profesionais, no 6% do salario base pactado, cun límite do 60% ou 10 cuadrienios; respectarase, non obstante, o establecido no artigo 25.2º do Estatuto dos traballadores.

A todo o persoal afectado polo presente convenio recoñeceráselle a cantidade que teña acreditada polo concepto de antigüidade ata a data de entrada en vigor do presente convenio.

Artigo 10º.-Vacacións.

O período de vacacións establécese en 30 días naturais.

Artigo 11º.-Axuda por xubilación e enfermidade.

Ó producirse a xubilación ós 65 anos de idade dun traballador con antigüidade de máis de 10 anos, aboaráselle unha mensualidade do seu salario.

Os traballadores que se xubilen con máis de 10 anos de antigüidade na empresa percibirán, caso de que tanto a empresa como o traballador estivesen interesados na extinción do contrato de traballo por xubilación anticipada, deste, unha gratificación equivalente ás seguintes contía en fución da idade de xubilación:

64 anos: 2 mensualidades.

63 anos: 250.000 pesetas.

62 anos: 300.000 pesetas.

61 anos: 350.000 pesetas.

60 anos: 400.000 pesetas.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo máxima legal será de 40 horas semanais (de 7 a 14 horas).

Artigo 13º.-Servicio militar ou prestación social substitutoria.

O traballador ó que lle sexa suspendido o seu contrato de traballo por incorporación ó servicio militar ou prestación social substitutoria, deberá reincorporarse ó seu posto de traballo nos 30 días naturais seguintes, segundo establece o artigo 48.3º do Estatuto dos traballadores. No caso de que non fose read

mitido pola empresa, deberá ser indemnizado de acordo co convenio vixente nese momento.

Artigo 14º.-Descanso.

Tódolos traballadores comprendidos neste convenio terán, como mínimo, día e medio de descanso ininterrompido.

Artigo 15º.-Garantías sindicais.

Os traballadoes no seo da empresa terán dereito a afiliarse libremente a calquera central sindical. As empresas non poderán exercer medidas coativas nin relizar ningún acto ou toma de decisión sobre ningún traballador, encamiñadas a subordina-la afiliación sindical a un determinado sindicato. Os delegados de persoal e traballadores poderán utiliza-lo cadro de anuncios que se poñerá en tódalas empresas.

Artigo 16º.-Póliza de seguros de accidentes.

As empresas afectas polo presente convenio estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguro de accidentes que cubra, en caso de accidente de traballo, así declarado pola Seguridade Social, os riscos de falecemento e invalidez permanente; as contías da citada póliza serán de 3.250.000 pesetas en caso de morte e 3.750.000 pesetas en caso de invalidez permanente nos graos de total, absoluta e gran invalidez.

A referida póliza, nas contías que se incrementan respecto do convenio de 1995, unicamente se aplicará ós procesos inciados, transcorridos trinta días desde a publicación do presente convenio colectivo de 1996/97 no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social, mutualidade ou montepío.

Non obstante, a indemnización que se perciba con cargo ó seguro aquí convido, considerarase como percibida a conta das indemnizacións, que, se é o caso, puideran declarar, con cargo ás empresas, os tribunais de xustiza, compensándose ata onde aquel non alcance.

Artigo 17º.-Modalidades de contratación.

Contrato de traballo en prácticas.

O contrato de traballo en prácticas terá por finalidade facilita-la práctica profesional dos traballadores ou traballadoras para perfecciona-los seus coñecementos e adaptalos ó nivel de estudios cursados.

A retribución dos traballadores en prácticas non poderá ser inferior, o primeiro ano de contrato, ó 75% do salario correspondente a igual ou similar categoría e o segundo ano de contrato ó 85%.

Contratos por circunstancias da producción.

O contrato de duración determinada regulado no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995,

polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, poderá ter unha duración máxima de trece meses dentro dun período de dezaoito meses.

Contrato indefinido de fomento de emprego.

Entendendo as partes asinantes que a modalidade contractual de contrato para o fomento da contratación indefinida é un instrumento adecuado para a consecución de emprego estable, no ámbito de aplicación do presente convenio poderá concertarse esta modalidade contractual con traballadores empregados na empresa mediante un contrato de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, subscrito unha vez transcorrido un ano desde a entrada en vigor do Real decreto lei 8/1997.

Artigo 18º.-Incapacidade temporal.

As empresas completarán as prestacións con cargo á Seguridade Social ata o 100% do salario do convenio nos casos e coa duración que se indica a continuación.

a) No suposto de que a situación de IT sexa a consecuencia de accidente de traballo ou enfermidade profesional, o complemento aboarase mentres dure a situación.

b) No suposto de IT derivada de enfermidade común e accidente non laboral, o complemento aboarase unicamente no suposto de que se produza hospitalización do traballador e mentres dure esta.

Artigo 19º.-Formación profesional.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Confeiterías de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten o sector, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, como nos que se poidan programar en diante.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector, para chegar a defini-la organización e programación dela, tanto ocupacional como regrada (observatorio ocupacional).

-Elaboara plans formativos necesarios para consegui-la homologacion das cualificación profesionais

de traballadoes técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do mercado único.

-Cantas outra funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Artigo 20º.-Comisión de seguridade e hixiene no traballo.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinanes do convenio e un número de representantes da Asociación de Empresarios de Confeiterías de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Ámbalas representacións comprométense a mantesr reunións periódicas, logo da convocatoria de calquera das partes con quince día de antelación.

As funcións básicas da comisión de seguridade e hixiene terán como obxectivos prioritarios:

1. Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2. Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atente contra a integridade física e saúde dos traballadores.

3. Dar a coñece-las normas e procedemento e que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos coñecementos médicos que se lles realicen ós traballadores deste sector.

Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo no sector na provincia de Lugo.

Disposicións transitorias

Primeira.-De conformidade co que establece o Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, e para o caso de que traballadores con 64 anos cumpridos opten por acollerse a xubilación co 100% do s dereitos, as empresas incluídas neste convenio obríganse a substituír a cada traballador que opte pola xubilación por outro traballador, inscrito como desempregado na correspondente oficina de emprego, mediante un contrato de duración mínima dun ano, formalizado por escrito e con expresión do nome do traballador a quen se substitúe.

Segunda.-Os atrasos por diferencias de salarios consecuencia da tardía publicación do presente convenio deberán de aboarse, como máximo, no último trimestre do ano 1998.

Táboa salarial confeitería e pastelería vixente durante o ano 1998

Categoría profesionalSoldoRetr. anual

Encargado xeral113.4781.702.140
Mestro obrador108.8371.632.555
Oficial de 1ª100.9801.514.700
Oficial de 2ª94.1021.411.530
Axudante87.2651.308.975
Aprendiz de 16 a 18 anos (SMI vixente)
Limpadora (ptas./hora)322

9574