Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeameanto do Concello de Barbadás na zona SU-UE-17, PERI 2 e equipamento da rúa Burgas.

O Pleno Municipal, na sesión do día 29 do actual, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Barbadás na zona SU-UE-17, PERI 2 e equipamento da rúa Burgas, tendo en conta o informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Púlbicas e Vivenda, do 23 de outubro de 1998.

O que se fai público en cumprimento do disposto nos artigos 70.2º da Lei 7/1985 (modificada pola Lei 39/1994), 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 6 e 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, da Xunta de Galicia.

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación, tralo cumprimento do artigo 110.3º da Lei 30/1992.

Esta publicación determina tamén que quedan cumpridos os requisitos e esixencias previstos nos artigos 59 e 60 da Lei 30/1992.

Barbadás, 29 de outubro de 1998.

O alcalde

Rubricado

10055