Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación anticipada), para a adquisición de esparadrapos e outros. (C.P. 2/1999).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: adquisición de esparadrapo e outros.

Orzamento: 15.610.200 pesetas.

Garantía provisional: 312.204 pesetas.

Lote 1: esparadrapo de seda 10x10.

Orzamento: 861.120 pesetas.

Garantía provisional: 17.222 pesetas.

Lote 2: esparadrapos de papel.

Orzamento: 2.608.080 pesetas.

Garantía provisional: 52.162 pesetas.

Lote 3: tecidos autoadherentes en rolo.

Orzamento: 2.499.948 pesetas.

Garantía provisional: 49.999 pesetas.

Lote 4: estribeira strip-foam.

Orzamento: 952.560 pesetas.

Garantía provisional: 19.051 pesetas.

Lote 5: colariños cervicais.

Orzamento: 509.220 pesetas.

Garantía provisional: 10.184 pesetas.

Lote 6: colariños cervicais Filadelfia.

Orzamento: 3.161.400 pesetas.

Garantía provisional: 63.228 pesetas.

Lote 7: lentinas.

Orzamento: 2.200.776 pesetas.

Garantía provisional: 44.016 pesetas.

Lote 8: medias antiembólicas.

Orzamento: 647.136 pesetas.

Garantía provisional: 12.943 pesetas.

Lote 9: tapón nasal.

Orzamento: 2.169.960 pesetas.

Garantía provisional: 43.339 pesetas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto, tramitación anticipada.

Prazo de entrega: segundo as necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións, calendario de entregas e, se é o caso, a partir dos 15 días seguintes á sinatura do contrato.

Admisión de variantes: non se admitirán variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos artigos: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

Total: 100%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 29 de outubro de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

10075