Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1998, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área da Coruña), pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación ordinaria para a subministración de aparellos e dispositivos. (C.P. 6/1998).

O director xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Obxedcto: subministración de aparellos e dispositivos.

Os licitadores poderán concorrern a un ou á totalidade dos lotes en que se divide o obxecto da subministración.

Orzamento: 8.059.560 ptas. (IVE incluído).

Garantía provisional: 161.191 ptas.

-Lote 1: diverso material para fisioterapia.

Orzamento: 3.494.000 ptas.

Garantía provisional: 69.880 ptas.

-Lote 2: electros e autoclaves.

Orzamento: 2.250.000 ptas.

Garantía provisional: 45.000 ptas.

-Lote 3: diversos aparellos.

Orzamento: 2.315.560 ptas.

Garantía provisional: 46.311 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e trámite ordinario.

Prazo de entrega: único.

Admisión de variantes: admítense, debéndose especificar brevemente e de maneira clara cales son, a xuízo da empresa licitadora, as vantaxes delas. En ningún caso se admitirán variantes por debaixo das condicións mínimas que se esixen no prego de prescricións técnicas.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

1. Prezo: 5.

2. Calidade: 3.

3. Servicios: 2.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de Subministración da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, r/ Pasteur, nº 22 (polígono da Grela), 15008 A Coruña. Tfno.: 981 25 14 50. Fax: 981 25 16 66, en días hábiles desde as 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, r/ Xeral Sir John Moore, nº 2, planta terceira, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou por correo, na forma indicada no punto 9.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, sita na Coruña na rúa Xeral Sir John Moore, nº 2, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que terán que achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 30 de setembro de 1998.

Luis Verde Remeseiro

Director-xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol

10074