Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/215-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Lantaño II.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 10 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 21 da L.M.T. de Tivo a Portas, rematando no C.T. proxectado de Lantaño II, concello de Portas. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V. R.B.T., aérea, de 466 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. proxectado. R.B.T., aérea, de 360 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. existente de Lantaño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 29 de setembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

9480