Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Gombra.
Situación: concello de Vilanova de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 70 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 62 da L.M.T. Tivo-Portas, rematando no C.T. proxectado de Gombra, concello de Vilanova de Arousa. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380-220 V. R.B.T., aérea, de 215 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. proxectado.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 29 de setembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
9483