Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/219-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. O Aguiúncho-Sabadín.

Situación: concello de Moraña.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, con conductor tipo P.A.S. 50, sobre apoios de formigón, de 558 m de lonxitude, desde o apoio 10 da L.M.T. Segade (liña 1) ata o C.T. que se proxecta no Aguiúncho-Sabadín, concello de Moraña. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V. R.B.T., aérea, de 266 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 28 de setembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

9481