Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/179-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., da Medorra II.

Situación: O Pereiro de Aguiar.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 50 metros en conductor LA-56, con orixe en apoio da L.M.T. A Medorra-Penedo e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V da Medorra II. R.B.T. aérea de 345 metros en conductor R.Z. e con orixe no devandito C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 28 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9484