Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iníciase expediente de substitución e unificación das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indican:

*V-0364, de Ourense a Fontefiz.

*V-2497; XG-244, de Ourense a Sabadelle con prolongación a San Benito.

*V-2638; XG-277, de Ourense a Vilamarín con prolongación a Castro de Chantada, e

*V-1842; XG-131, de Ourense a Moreiras con prolongación ó Sanatorio de Toén, da titularidade da empresa Autocares Alfer, S.A.

Para a substitución e unificación das citadas concesións terase en conta este proxecto e non o sometido a información pública no BOE do 14-12-1990 e DOG do 28-11-1990.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Ourense (r/ Curros Enríquez, 1. Entresolo), efectua-las alegacións que consideren

oportunas no prazo dun mes contado desde o día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

9700