Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.039

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE VIVEIRO

EDICTO (166/1997).

En virtude do presente edicto, faise saber que Jesús Carlos Galán Parada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Viveiro (Lugo) no expediente de suspensión de pagamentos seguido neste xulgado baixo o número 166/1997, por instancia da entidade Celpi, S.L, dictou auto con data do 28 de xullo de 1998 no cal se aprobou o convenio votado favorablemente polos acredores na xunta xeral celebrada o día 16 de xullo de 1998, e que é como segue:

1. Unha quita do 50% dos créditos.

2. Pagamento do 50% restante no prazo de cinco anos sen xuros, a razón do 10% anual, producíndose o primeiro pagamento ó vencemento do primeiro ano a partir da firmeza do convenio.

3. Designación dunha comisión liquidadora da sociedade suspensa para o caso de incumprimento do convenio, que quedaría formada automaticamente polo acredores maioritarios e, no seu defecto ou caso de non aceptación ou renuncia, polos dous seguintes en atención á contía dos seus créditos, así como un representante nomeado para o efecto, por Celpi S.L., que disporían dos bens da sociedade suspensa e procecerían á súa realización e liquidación mediante poxa pública e reparto e pagamento proporcional ós acredores do producto obtido, logo de deducción dos gastos orixinados

E para a súa publicación no DOG, no xornal La Voz de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgaedo, expido e asino o presente edicto en Viveiro o un de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

9613