Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.030

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 28 de outubro de 1998 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no organismo autónomo Augas de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de

Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991 do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo de solicitude que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os/as aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que se aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira en que se sinala no parágrafo anterior non serán tidos en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupa-lo posto de traballo dos que se anuncian no anexo I desta orde un funcionario con destino na Administración xeral do Estado, nos seus organismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, na Administración local, ou que estea na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, condicionarase a dita selección a que a súa Administración emita informe favorable, considerándose favorable de non emitirse no prazo de 15 días, conforme o previsto no artigo 22 do Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e demais disposicións concordantes.

Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma procederase a adxudicarlle o posto para o que sexa seleccionado. Se no prazo de 2 meses a partir da publicación no DOG o funcionario seleccionado non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.- A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo, ou dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día siguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días siguintes ó da publicación da resolución desta orde no Diario Oficial de Galicia, agás no suposto de procedencia doutras administracións públicas, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite de dous meses ó que se fai referencia no punto quinto desta orde.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo cumún.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1998.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas,

e Vivienda

ANEXO

Código do prosto: OT.B01.00.000.15770.032.

Denominación do posto: xefe Unidade Técnico Xurídica.

Centro directivo: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo: AB.

Nivel: 28.

Complemento específico: 1.673.520.

Titulación: 2062 Licenciado en dereito.

Código do posto: OT.B01.00.002.15770.021.

Denominación do posto: xefe Unidade Xestión de Ingresos.

Centro directivo: departamento Réxime Económico-Financeiro.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo do posto: S.

Corpo o escala: xeral/especial.

Grupo: AB.

Nivel: 28.

Complemento específico: 1.673.520.

Titulación: 2998-Titulado superior.

9693